QUE É UN CONTAPEIRO

Un CONTAPEIRO é daquén que conta todo o que sabe da xente en derredor, é o que no galego da Galiza é un MEXERIQUEIRO, mais para nós é simplemente daquén que cunta.

Este blogue está en EONAVIEGO e foi pensado para un público novo que poda ter acceso a textos na súa fala e de xeito gratuíto.

Escribimos aquí o eonaviego como no resto do galego, mais hai alguhas cousas que vos poden chamar a atención:

  1. Escribimos uha e non úa pra mantermos a continuidade co galego, peró tamén é certo que hai zonas eonaviegas onde se utiliza unha.
  2. O plural de un é escrito uns e ten distintas pronuncias: us, uis, unhos.
  3. Escribimos <ôa> pra representar el que nalgúns lados pronuncian búa, grandúa, e noutros boa, grandoa, mais con uha soa ortografía.
  4. Escribimos <êa> tamén como enriba, porque nuns lados dicen chía, cadía e noutros chea, cadea.
  5. Usamos como artigo definido masculino singular o e non el.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.